A CIG-Ensino pide á Consellaría de Educación que o Día de Rosalía forme parte do calendario escolar

Para a central nacionalista “é mester darlle a esta data o relevo que merece”.

 

A CIG-Ensino aproveitou a mesa sectorial do 10 de febreiro para volver demandar da Consellería de Educación que o Día de Rosalía forme parte do calendario escolar. A proposta baséase, explican desde o sindicato, na necesidade de seguir a difundir “a obra da nosa autora fundacional e, a través dela, enaltecer a nosa lingua e contribuír á súa normalización”. Para a CIG-Ensino, “é necesario darlle a esta data o relevo que merece, xa que a figura de Rosalía de Castro contribuíu enormemente á conciencia colectiva de termos un idioma propio e a darnos azos para seguir reclamando o lugar que lle corresponde”.

A CIG-Ensino anima o profesorado a que apoie esta iniciativa, adoptando resolucións dos claustros ou asinando unha proposta de resolución para reclamar a inclusión do Día de Rosalía no calendario escolar e o carácter público do Panteón de Galegos Ilustres.