Chaman aos centros educativos a amosar a súa repulsa pola actuación xudicial no caso da “Manada”

GZcontrainfo

CIG  propón a aprobación de resolucións de claustros e consellos escolares nas que se denuncie o sistema patriarcal e se aposte na coeducación e a educación inclusiva.

CIG-Ensino remite aos centros de ensino de Galiza una proposta de resolución para o claustro de profesorado e outra para os consellos escolares na que se recolle a preocupación do profesorado e do conxunto da comunidade educativa por todo o acontecido no xuízo de “La Manada”, tanto no seu desenvolvemento como na sentenza ou a posta en liberdade provisional dos cinco violadores.

 

O sindicato considera que estes feitos poden ser para reflexionar “sobre o noso papel como educadoras e educadores, sobre a existencia de desigualdades ou discriminacións caras as mulleres, mozas e nenas nos centros escolares, así como os recursos cos que contamos para erradicalas e apostar con claridade por un modelo educativo con firmes alicerces na educación inclusiva e a coeducación e que sirva para construírmos unha sociedade con igualdade efectiva entre mulleres e homes”.

 

Nas propostas tamén se inclúe a demanda que a Xunta cumpra as propias normas legais que aprobou e que faga efectivo o Plan de actuacións para a igualdade 2016-2020.