Denuncia en Inspección á Xerencia da área de Santiago por non facer avaliación de riscos fronte á COVID-19

CHUS (Arxina)
Presentada por CIG-Saúde

CIG-Saúde de Compostela informa que vén de presentar denuncia perante a Inspección de Traballo e da Seguridade Social contra a Xerencia de Xestión da Área Sanitaria de Santiago e Barbanza por non actualizar ou revisar a avaliación de riscos por modificación das condicións de traballo (isto é, por mor do risco da Covid-19).

Tamén presentan a denuncia por, afirman, “a existencia de danos a saúde dos traballadores e traballadoras “xa que, a data de hoxe, un gran número de traballadoras e traballadores resultaron infectados por SARS-CoV-2 no seu posto de traballo, por falta de adopción de medidas de prevención ou protección por parte da Xerencia desta Área Sanitaria”.

Esta central considera que se infrinxiu así o art. 16.2 da Lei 31/1995 e que se incumpriron os protocolos do Ministerio de Sanidade existentes ao respecto.

Tamén indica que segundo os criterios operativos da propia Inspección de Traballo “a actividade da Área Sanitaria de Santiago e Barbanza enmárcase dentro das empresas nas que existen postos de traballo con risco de exposición profesional ao SARS-CoV-2, e polo tanto, corresponde a estas empresas avaliar o risco de exposición ao novo coronavirus e seguir as recomendaciones que sobre o particular emita o servizo de prevención, seguindo ademais as pautas e recomendaciones formuladas polas autoridades sanitarias”.