A cifra de persoas contaxiadas na Galiza sitúase en 5.435, con 265 falecementos

(Europa Press)

O número de persoas con coronavirus nas residencias é de case mil, entre usuarias e traballadoras.

A cifra de persoas falecidas a causa da COVID-19 ascendeu a 265, entre as rexistradas en residencias de maiores e en centros sanitarios da Galiza.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, esta terza feira, o número de casos de coronavirus na Galiza ascende a 5.435.

Deles, 1.117 son da área da Coruña, 563 da de Lugo, 999 da de Ourense, 466 da de Pontevedra, 1.094 da área de Vigo, 884 da de Santiago, e 312 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 162 permanecen en UCI, 910 están en unidades de hospitalización e 4.363 no domicilio. Polo de agora, na Galiza rexistráronse 688 altas de pacientes e 265 falecementosen hospitais e residencias.

O número de PCR realizadas é de 32.146.

A estes datos hai que engadir os de Política Social, que cifra en case un milleiro (935) as persoas contaxiadas de COVID-19 nas residencias galegas: 689 son usuarios e usuarias, mentres que 246 corresponden ao persoal dos centros.

No Estado español hai 140.510 persoas contaxiadas e rexistráronse desde o inicio da pandemia 13.798 falecementos. As pacientes dadas de alta superan as 43.000.