Un total de 96 persoas permanecen na UCI

A Covid-19 rexistra 561 novos positivos na Galiza en 24 horas

Imaxe de arquivo. (Foto: Europa Press)
As cifras de novos positivos baixan na Galiza en máis dun cento e ao número de PCR só aumenta en 200 en 24 horas.

Detectáronse 561 novos positivos por Covid-19 en 24 horas, máis de 100 por debaixo das cifras da sexta feira, segundo os datos ofrecidos pola Consellaría de Sanidade. Isto débese, segundo estas fontes, aos descensos rexistrados na maioría das área sanitarias do país, a excepción das de Vigo e da Coruña-Cee, que suben, e a de Pontevedra-O Salnés, que se mantén nas cifras da véspera.

Nestas últimas 24 horas realizáronse un total de 7.089 PCR, arredor de 200 máis que o día anterior e que sitúan o total desde o inicio da pandemia en 840.867 probas. A Consellaría de Sanidade afirma que a positividade baixou até 8,6%.

Segundo consta nos datos actualizados pola consellaría, a área de Vigo continúa como principal foco de contaxio con 171 novas infeccións, tres máis que na sexta feira. Pola súa parte, a área da Coruña-Cee notificou 110 PCR positivas, oito máis que un día atrás, mentres que a de Pontevedra-O Salnés rexistrou 87, as mesmas que na véspera.

En canto ao resto de áreas sanitarias, baixaron os contaxios en 10, na área de Compostela-Barbanza, notificando un total de 69 novos positivos; a área de Lugo, rexistra un total de 55 positivos, que son  77 menos que os notificados na sexta feira; a de Ferrol, conta 35 no total, nas últimas 24 horas, cinco menos que na véspera; e a área de Ourense rexistra unha baixa de 11 positivos.

Isto significa que Galiza aínda supera 5% a porcentaxe marcada pola Organización Mundial de la Saúde (OMS) para dar por controlada a pandemia. Todas as áreas sanitarias superan esta porcentaxe, con Pontevedra na cabeza con 13% de positividade, seguida de Ferrol (10,4%), Vigo (9,6%), Lugo (8,7%), Compostela (7,5%), Ourense (6,7%) e A Coruña (5,2%).

En cuanto a los casos activos, as persoas que aínda están diagnosticadas da enfermidade, este sábado baixouse da barreira dos 9.000, até situarse en 8.978. A cifra tan só ascendeu nas áreas de Vigo, con 2.388 pacientes, oito máis que onte, e na de Pontevedra-O Salnés, con 1.242, sete máis que na véspera.

En terceiro lugar, conta con máis casos activos a área da Coruña-Cee, con 1.854, 15 menos que hai un día; seguida de Lugo, con 1.139, 55 menos que onte; Compostela-Barbanza, con 1.005, tres menos; Ourense, con 689, con 31 menos; e Ferrol, con 661, 19 menos.

Así mesmo, os datos actualizados por Sanidade indican que os contaxios desde o inicio da pandemia na Galiza se sitúan en 48.695.

Non obstante, continúan á alza as vítimas mortais diagnosticadas de Covid-19, que este sábado se sitúan en 1.132 logo de notificárense na sexta feira 13 novos falecementos, dos que oito estaban relacionados con residencias de maiores.