Chaman a declarar como investigados por acoso sexual varios profesores da Escola de Arte Dramática de Galiza

O alumnado colgara varias pancartas no vestíbulo do centro denunciando.

A investigación xudicial partiu das denuncias de varias alumnas do centro educativo. A partir destes acontecementos, estudantes e profesoras iniciaron a principios de 2020 un calendario de protestas e paros para denunciar a situación.

O Xulgado de Instrución número catro de Vigo chamou a declarar en calidade de investigados por supostos delitos de acoso sexual a varios profesores da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia ( ESAG), con sede na cidade olívica, segundo informa Europa Press

Segundo confirmaron fontes xudiciais a Europa  Press, estas persoas foron citadas polo xulgado para declarar esta mesma semana, en todos os casos como investigados en relación con delitos de acoso sexual.

A investigación xudicial partiu das denuncias de varias alumnas do centro educativo. A partir destes acontecementos, estudantes e profesoras iniciaron a principios de 2020 un calendario de protestas e paros para denunciar a situación.

Naquel momento, unha das profesoras que apoiou ás estudantes asegurou que estes supostos abusos "non foron episodios puntuais", xa que tamén  ex alumnas confirmaron "comportamentos que exceden meros comentarios" e supoñen "violencia contra as mulleres".