A ‘chafallada’ da cociña do Álvaro Cunqueiro: Sergas recorre a un centro público para solucionar o problema creado por privatizar o servizo

A comida dos pacientes dos hospitais vigueses chegará finalmente dende Lugo

A federación de Saúde da CIG de Vigo denuncia que a comida dos pacientes dos hospitais Álvaro Cunqueiro, Meixoeiro e Nicolás Peña chegará da cociña do Lucus Augusti a partires do 19 de xullo. “A Consellería de Sanidade tivo que recorrer a un hospital público, con persoal público, para solucionar o problema creado pola privatización dun servizo esencial, xa que a instalación presenta deficiencias tras só seis anos funcionando”.

Segundo critican dende a CIG-Saúde, a Xerencia da Área Sanitaria de Vigo continúa sen aclarar en que situación queda a garantía das persoas ingresadas nos hospitais desta área a recibir a alimentación que precisan, adecuada ás súas necesidades e en condicións culinarias que permitan a súa inxesta.

“O que está a pasar coa cociña do Cunqueiro non fai máis que reforzar a nosa defensa dunha sanidade 100% pública, tanto no financiamento como na provisión, así como de todos os servizos implicados na asistencia sanitaria”. 

Ao mesmo tempo, esixen unha investigación transparente dos controis de calidade e seguimento da obra construída e que se depuren as responsabilidades polo feito de que se teña que paralizar a cociña dun hospital despois de seis anos da súa construción.

 A comida dos pacientes dos hospitais Álvaro Cunqueiro, Meixoeiro e Nicolás Peña chegará da cociña do Lucus Augusti a partires do 19 de xullo

Tamén demandan información sobre como e quen vai asumir o sobrecuste do peche da cociña e o incremento da actividade da cociña do hospital Lucus Augusti, que obrigará o Sergas a contratar máis persoal.

“Non podemos consentir que se lle pague á empresa concesionaria pola reparación duns defectos na construción que eran a súa responsabilidade, nin por uns servizos que non presta”, rematan.

A central nacionalista lembrpu xa en diversas ocasión que o hospital vigués é propiedade dunha sociedade concesionaria que se encargou de elaborar o proxecto, construír o hospital e xestionar os servizos chamados non sanitarios, sendo a súa propietaria durante, cando menos, 25 anos.

 Explican que a concesionaria está na actualidade está “mans de fondos de investimento internacionais e empresas que “parasitan” servizos públicos privatizados:  Meridiam -fondo de investimentos en infraestruturas con sede en París: 43,3% -,  Puentes y Calzadas - en mans de China Road and Bridge Corporation: 23,3% -, Veolia - empresa francesa con actividades en servizos públicos: 16,6% - e  River Rock - fondo de investimentos con base en Luxemburgo: 16,6%-“.

Finalmente, o sindicato censura “que se paguen pague de forma directa 73,4 millóns de euros dos fondos públicos por un hospital que se deteriora en cinco anos, Destes cartos, un total de 42,5 millóns son para devolver o custo da construción e 30,9 millóns pola xestión de servizos como a limpeza, o mantemento ou a lavandería, entre outros, segundo o proxecto de Orzamentos da Xunta para 2021. “ A esta cantidade, sinalan, hai que sumarlle” os beneficios por explotacións comerciais como o aparcadoiro, a cafetería, as televisións das habitacións ou as máquinas de vending”.