Os centros de maiores galegos suman xa 420 casos entre residentes

Residencia DomusVi de Outeiro de Rei (EuropaPress)

Un novo foco de coronavirus no centro Nosa Señora das Virtudes de Pontedeume, que afecta 24 residentes, e o incremento dos casos na DomusVi de Ribadumia, con 34 novos positivos, elevan os casos en residencias galegas por riba dos 400.

Así figura nos datos facilitados este domingo pola Consellaría de Política Social, que cifra en 420 os usuarios e usuarias de residencias afectados, 51 máis que no balance ofrecido un día ates.

A Xunta notifica 69 novos casoss, concentrados maioritariamente en dous centros: a residencia DomusVi de Ribadumia, intervida pola Xunta, con 34 contaxios entre residentes e o centro Nosa Señora das Virtudes de Pontedeume, onde se diagnosticou covid a 23 residentes e oito profesionais nas últimas horas.

Con estes datos, ambas as residencias pasan a figurar entre os centros con maior incidencia da Covid-19 na Galiza, especialmente a DomusVi de Ribadumia, na que se contabilizan 58 casos de residentes e oito de traballadores e traballadoras.

A residencia Nosa Señora dás Virtudes de Pontedeume pasa de ter un único caso o sábado a 24.  Na mesma localidade sitúa seo centro As Fragas, que notifica outro foco con, polo momento, cinco contaxios.

Tamén na residencia Irmáns Prieto do Carballiño, na que non había casos de covid ata este domingo, pareceron cinco casos. Neste centro hai outros dous traballadores infectados. 

Pola súa banda, o número de profesionais de residencias con Covid-19 sobe en 14 respecto ao balance do sábado. Son xa 235, coa Residencia Nosa Señora das Miragres de Barbadás á cabeza con 46 casos. Tamén presentan un importante número  a residencia de Salvaterra do Miño (27), Os Gozos de Pereiro de Aguiar (26), a Ballesol de Oleiros (14, un máis), Viana do Bolo (11) e o Fogar Residencial San Miguel de Silleda (11).

A este grupo súmase este domingo a residencia Nosa Señora dás Virtudes de Pontedeume con 8 novos casos entre traballadores que deixan a cifra total en 11.

Nos centros de atención a persoas con discapacidade non se rexistraron cambios este domingo e continúan en 30 os usuarios e usuarias afectadas: 24 na residencia DomusVi Bóveda, un na Ricardo Baró de Oleiros, un na Pai Menni de Betanzos e catro na residencia San Vicente de Paúl de Lugo.

Así mesmo, hai 26 traballadores afectados nestes centros: 17 contaxios na DomusVi Bóveda, un na Residencia Souto de Leixa, un na Residencia de Aspanaes nas Pontes, tres (un máis) en San Vicente de Paúl, un na residencia Domingo Gómez Freire de Ourense, un en Santa María Pita (Ourense), un na Residencia de Chapela e un recentemente detectado na residencia de atención a persoas con dano cerebral de Alento, en Vigo.