Centos de persoas claman nas rúas por un médico en Valeixe

Vista da manifestación nas rúas da Cañiza (Foto: Nós Diario)
As afectadas denuncian que desde a xubiliación do médico anterior a praza quedou vacante, o que significa que aproximadamente 1.000  persoas quedaron sen atencion médica no Centro Periférico de Valeixe.

Centos de veciños da localidade de Valeixe mobilizáronse esta mañá para protagonizar unha manifestación que percorreu as rúas da Cañiza esixindo a "restauración do médico no Centro Periférico de Valeixe".

Políticos de todas as cores, segundo declararon a Nós Diario fontes da organización, sumáronse a unha concentración que lles esixiu "solucionar este problema".

As afectadas denuncian que desde a xubiliación do médico anterior a praza quedou vacante, o que significa que aproximadamente 1.000  persoas quedaron  sen atencion médica no devandito Centro, véndose así obrigados a desprazarse a Cañiza en horario de tarde dous días por semana, "obrigando tamén ao resto dos facultativos a asumir a asistencia sanitaria de mais pacientes, e xa están saturados", explican.