Centos reclaman na Coruña o mantemento do COF do Ventorrillo

[CIG]

Convocada polo grupo local da Plataforma galega en defensa do dereito ao aborto @s manifestantes rexistraron un escrito no que demandan a ocupación da praza de xinecoloxía e de auxiliar de enfermaría.

 

"En defensa dos dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres" esa foi a razón pola que un cento de persoas se concentraron esta quinta feira (23 de outubro) perante o Centro de Orientación Familiar (COF) do Ventorrillo, na Coruña. 

Convocad@s polo grupo de traballo local da Plataforma galega en defensa do dereito ao aborto, as persoas concentradas presentaron cadanseu escrito dirixido á Xerencia da área sanitaria para demandar a reposición "inmediata" da praza de xinecoloxía e máis de auxiliar de enfermaría que foron recortadas do COF en 2013.

O seu obxectivo, sinalaron desde a Plataforma, é "recuperar as prestacións anticonceptivas e as revisións xinecolóxicas no propio centro". 

A Xunta declinou reemprazar a vacante argüíndo que facía parte do plan de reestruturación destes centros que estaba a desenvolver o goberno galego.