Centos de persoas volveron percorrer Sarria contra o proxecto de encarrilar o río

Foto:adega.info

@s manifestantes rexeitan unhas actuacións que, entenden, atentan contra elementos patrimoniais da vila, aliás de criticar o 'escbanxamento' de cartos do proxecto.

Máis unha vez, centos de persoas volveron saír á rúa en Sarria para rexeitar o proxecto que a Confederación Hidroeléctrica ten para o río que atravesa esta localidade lucense. Tras unha pancarta de 'Mollámonos polo río', por volta dun milleiro de persoas partiron en manifestación desde o Malecón para percorrer diversas rúas.

Na marcha tamén eran visíbeis pancartas en defensa da liberdade de expresión, e denunciando ameazas contra persoas contrarias ao proxecto que a Confederación pretende desenvolver no río.

Finalizada a manife, unha veciña leu un manifesto no que tamén se fixo referencia á decisión do xulgado de non admitir o recurso da Confederación contra a paralización da tala.

Pontes que unen

Nesta protesta unha das demandas principais era a de 'salvar as pontes que nos unen', lema co que se denunciaba outro dos aspectos que os manifestantes consideran prexudicial: o derrubo de pontes históricas de Sarria para seren substituídas por outras. Consideran esas actuacións innecesarias, caras (máis dun millón de euros) e que van ter durante meses ?incomunicada” a esta localidade.

A Plataforma Sarriana polo Río é a convante desta nova mobilización para rexeitar o proxecto. Este colectivo mantén desde o principio que as actacións non só non van evitar as anegacións nas marxes dos ríos Sarria e Celeiro, senón que as vai agravar ao tempo que destruirá patrimonio etnográfico e arrasará un bosque autóctono dunha especie protexida: o ameneiro.