O BNG rexeita o encoro no río Oitavén e o transvase do río Verdugo

Centos de persoas urxen a Xunta a defender os ríos Oitavén e Verdugo

Concentración do BNG contra a proposta de encoro previsto no río Oitavén e o transvase dos ríos Oitavén e Verdugo. (Foto: Nós Diario)

Ponte Caldelas acolleu neste sábado unha novo protesta contra a proposta de encoro previsto no río Oitavén e o transvase dos ríos Oitavén e Verdugo para fornecer de auga a Vigo e a súa área metropolitana. A mobilización convocada polo BNG xuntou ducias de persoas dos concellos afectados por esta actuación, que reclamaron ao Goberno galego que paralice este proxecto.

A construción dun encoro de 335, metros de longo e 50 de alto paira sobre o río Oitavén desde hai anos. A actuación ven de coller nova forza tras un estudo elaborado pola Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, que propón a construción dunha balsa de 50 hectáreas na parroquia caldelá de Forzáns e un transvase de auga desde os ríos Oitavén e Verdugo á area metropolitana de Vigo.

O voceiro do BNG en Soutomaior e deputado nacionalista, Manu Lourenzo, sinala a Nós Diario que “somos conscientes que ante situacións de emerxencia hai que adoptar solucións de emerxencia. Mais non é o caso. O que está enriba da mesa é un problema de mala xestión e despilfarro de auga por parte do Goberno de Vigo”.

Xestión da auga

“O problema de Vigo non é de subministro de auga, senón de mala xestión, ao perder máis de 35% da auga que chega á cidade polo mal estado da rede de abastecemento”, afirma Lourenzo, quen pon como exemplo da mala xestión da auga por parte de Vigo no o baldeado as rúas con auga potábel en época de seca”.

O deputado nacionalista lembra que na seca de 2017 o caudal ecolóxico do Verdugo estaba no mínimo do seu caudal ecolóxico con apenas 900 litros por segundo, e que calquera redución deste caudal, sexa por transvasamento ou por construción dun encoro sería fatal para o río e para os fondos marisqueiros do fondo da ría de Vigo, que dá de comer a centos de familias.

Lourenzo significa que o proxecto presentado non só incumpre a lexislación europea de augas, senón tamén a española e a galega, e que antes de acometer un proxecto tan agresivo contra o medio ambiente debéranse estudar antes outras alternativas máis acordes coa ecoloxía e a racionalización do uso da auga.

 O dirixente nacionalista insta á “Xunta da Galiza e Alfonso Rueda a que deixen de agocharse, dean a cara e confirmen, dunha vez por todas, que non van apoiar ningún tipo de instalación faraónica que sexa letal para os ríos Verdugo e Oitavén”.

“A competencia sobre os nosos ríos é da Xunta, e non imos permitir que no futuro o Verdugo e o Oitavén  se empreguen nun mercadeo de votos entra a Xunta de Galiza e  o Concello de Vigo, entre Rueda e Caballero”, afirma Lorenzo.

Ponte Caldelas

O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, adiantou este sábado a decisión de solicitar aos once concellos que se fornecen do encoro das Eiras o seu rexeitamento á proposta da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil de promover un transvase desde o Verdugo e Oitavén á Vigo

 “Enviarei unha petición ós alcaldes e alcaldesas dos municipios que se abastecen do Encoro de Eiras, entre os que se atopan rexedores do PP, PSOE, BNG e outros partidos políticos, para que amosen o seu rexeitamento á barbaridade ambiental que suporía a construción dun encoro en Forzáns. Quero explicarlles os problemas de falla de auga que xa temos cada ano no noso municipio e o que suporía para o este pobo realizar un transvase do río Verdugo, augas abaixo de Ponte Caldelas”, explica Díaz.

O Goberno de Ponte Caldelas convocou para o domingo 8 de maio, ás 12 da mañá, unha manifestación diante da Casa do Concello e con percorrido polas rúas de Ponte Caldelas para amosar o rexeitamento  a proposta de construción dun novo encoro no lugar de Forzáns e á realización dun transvase dende o Río Verdugo, augas abaixo de Ponte Caldelas, onde se unen os ríos Verdugo e Oitavén, xa no termo municipal de