Centos de persoas sumáronse desde Galiza ao rexeitamento da sentenza contra Pablo Hasel

(Foto @Jorge_ Linheira)

O rapeiro ten que entrar en prisión tras a condena polas letras dalgunhas das súas cancións.

 

Centos de persoas participaron esta fin de semana na Galiza nas concentracións convocadas en apoio ao rapeiro Pablo Hasel e en rexeitamento á sentenza que determina a pena de prisión para este músico e activista catalán. “Aministía Total: Pablo Hasel, á cadea por denunciar o réxime” era a palabra de orde que figuraba na faixa principal nas mobilizacións que decorreron en cidades galegas como Vigo, A Coruña, Compostela, Ourense, Lugo ou Pontevedra.

A defensa da liberdade de expresión, a denuncia do que supón a pervivencia dun órgano como a Audiencia Nacional ou a crítica ao denominado Réxime do 78 foron algunhas das constantes destas concentracións, que se realizaron da man dunha cionvocatoria a nivel de Estado que deixou concentracións en múltiples cidades e vilas.

O rapeiro Pablo Hasel ingresará en prisión nas vindeiras datas para cumprir unha pena de nove meses de cadea por un delito de "enaltecemento do terrorismo e inxurias e calumnias á Coroa e os coHasel foi condenado a 9 meses e 1 día de prisión pola Sala de Apelacións da Audiencia Nacional en setembro de 2018, así como ao pagamento dunha multa de aproximadamente 30.000 euros, por difundir mensaxes en Twitter, así como por difundir a canción 'Morte aos Borbóns', unhas accións que a Xustiza do Estado vén de considerar constitutivas de delito.

"Ao final non houbo a suficiente solidariedade para parar isto" —en referencia á súa condena—, e apuntou que afecta á maioría porque non se garante a "liberdade de expresión". "Vanme meter na cadea por contar feitos obxectivos, mais xamais van dobregarme", engadiu.