Centos de persoas dan a benvida á república catalá e rexeitan o 155

Varios centos de persoas saíron na tarde desta sexta feira ás rúas de varias cidades e vilas galegas para dar a benvida á República catalá e rexeitar a aplicación do artigo 155. As mobilizacións estaban convocadas pola plataforma Galiza con Catalunya, 

Varios centos de persoas saíron na tarde desta sexta feira ás rúas de varias cidades e vilas galegas para dar a benvida á República catalá e rexeitar a aplicación do artigo 155. As mobilizacións estaban convocadas pola plataforma Galiza con Catalunya, baixo o lema 'Contra o golpe de estado do 155. Liderdade, democtacia, independencia'.

 

No manifesto repartido nas concentracións denúnciase que coa aplicación do 155 “o goberno español opta por unha vía autoritaria e represiva que terá importantes consecuencias políticas e que amosa, máis ás claras, a situación de involución democrática que estamos a atravesar nestes momentos”.

 

Unha medida con consecuencias que “ non só afectan á negativa do Estado español de recoñecer o carácter nacional de Cataluña, Euskadi e Galiza e o seu lexítimo e inalienábel dereito á autodeterminación, senón que vai nunha clara dirección de retroceso, recentralización e perda de dereitos e liberdades básicas nunha democracia -merecente de tal nome- como o son a liberdade de expresión, a liberdade de reunión e manifestación, de conciencia ou de participación política”.