A ANPA Tintureira denuncia os recortes en profesorado de apoio educativo
A ANPA Tintureira do CEIP a Paz de Vigo manifestouse esta quinta feira para denunciar os recortes en profesorado, especialmente nos especialistas destinados a crianzas con necesidades específicas de apoio educativo.
A comunidade educativa afirmou que en setembro "o inspector de educación e o xefe territorial, César Pérez Ares, prometeron que farían todo o posíbel para devolver os dous especialistas en pedagoxía terapéutica que tiñamos o curso pasado". Porén, a día de hoxe ese acordo non foi desenvolvido.
A ANPA sinalou que os "recortes non afectan só ao alumnado que máis apoio precisa, senón que teñen consecuencias na calidade educativa de todo o alumnado". Destacaron que "cando faltan recursos humanos, a atención faise menos personalizada".
Aliás, concluirán o seu manifesto reclamando que a "educación inclusiva é un dereito, e para que sexa real precisamos garantir o persoal suficiente e especializado que permita atender a diversidade das aulas".