A catedrática da Universidade da Coruña Nieves Rodríguez, premio Nacional de Informática

A catedrática de Linguaxes e Sistemas Informáticos da Universidade da Coruña Nieves Rodríguez. Foto: UdC.

Os seus traballos “de investigación e innovación relacionados coa xestión de datos” e “as súas iniciativas nos campos da transferencia de coñecemento en relación con empresas e institucións públicas” valéronlle á catedrática da Universidade da Coruña Nieves Rodríguez o Premio Nacional de Informática.
 

Rodríguez, investigadora prinicipal do Laboratorio de Bases de Datos do Centro de Investigación (CITIC) da universidade coruñesa, é ademais catedrática de Linguaxes e Sistemas Informáticos. O xurado do galardón tamén recoñece o seu papel na “creación de empresas de base tecnolóxica”.

A Sociedade Científica de Informática de España (SCIE) e a fundación BBVA concede o premio desde 2005 para salientar “o labor de investigadoras e entidades na área da informática que dedican a súa carreira profesional aao estudo, fortalecemento e divulgación desta disciplina”. O pasado ano recibiu a distinición outro membro do CITIC, Ramón Doallo.