#sermos267: Catalunya, cara a unha independencia negociada

Catalunya, democracia participativa, debate do Estado da nación... Todo isto e máis, xa podes lelo aquí. 

Os orzamentos participativos son a promesa dunha democracia directa que aínda está moi lonxe de se cumprir. As responsábeis de experiencias máis vellas e doutras máis novas piden convicción e paciencia para levar adiante programas que tardan en mostrar resultados palpábeis e esixen un esforzo orzamentario que, no caso dun pequeno concello como San Sadurniño, se ven afogadas polos recortes no financiamento do Estado. Mentres, perfeccionan métodos e buscan espazos, dentro e fóra da rede, para animar unha veciñanza aínda remisa. ‘Modesta participación na incipiente democracia directa’.

 

Tamén analizamos as novidades a respecto de Catalunya, cunha declaración de independencia en suspenso para abrir a porta a unha negociación. 

‘Liberdade de expresión, segundo para quen’. As redes sociais alimentaron un novo activismo que o sistema loita por controlar. A coñecida como lei mordaza, a reforma do Código Penal ou a Lei de Axuizamento Criminal recortaron a liberdade de expresión, mais non para todos os sectores da poboación por igual. Cóntannolo activistas en defensa dos dereitos civís.

 

Fins Eirexas debúllanos o que supón a Lei de fomento de iniciativas empresariais, unha proposta que “depreda” Galiza, un golpe de estado” administrativo para dar cobertura á espoliciación do país.

 

Tamén tratamos a sesión final do debate do estado da Nación. Feijóo volta a amagar cunha reforma eleitoral para reconquistar os gobernos municipais. ‘PP tampouco negocia no Hórreo’. A bicefalia que se abre no PSdeG é outra das cuestións analizadas na sección de política deste número.

 

O 50 cabodano do Che Guevara ten o seu lugar no Sermos 267 na peza ‘Até sempre, comandante’.

 

O historiador e profesor da UDC Uxío-Breogán Diéguez trae ás páxinas de Sermos Galiza a reacción de España á independencia de Cuba, Puerto Rico, Filipinas e a Illa de Guam e estabelece un paralelismo entre o caso de finais do XIX e o que está a acontecer a respeito do procés soberanista encetado por Catalunya. ‘España 1898-2017’.

 

‘País de licitacións, lucro para os de fóra’, tratamos como gran parte das licitacións e concursos da Xunta van para empresas fóra. En análise achegámonos á participación feminina no mercado do traballo.

 

“Realmente, o português é o galego com outro nome’ di-nos Marcos Bagno (Cataguases, Brasil, 1961), escritor, tradutor, pesquisador, professor do Instituto de Letras da Universidade de Brasília (UnB) e um dos mais respeitados linguistas brasileiros.

O historiador Xosé Estévez descóbrenos a figura do padre xesuíta Luis Losada Prada, filósofo, teólogo, escritor e poeta do século XVIII. “Inxustamente ignorado”, denuncia o autor deste texto, coñecer o seu perfil contribúe a “axeitar o presente e endereitar o porvir”. ‘O Padre Losada, un filósofo galego do século XVIII’.

 

 

Entre as achegas, Xoán Costa, Nachortas, Tokio, Mariler Aleixandre, Xulio Carballo, Rubén Aramburu, Pepe Barro, Colectivo Xea, Mario Rehueira, Andrés Castro, Mónica Pazos...