Seis casos positivos nun foco en Viana do Bolo

Test da Covid-19 (Imaxe: David Cabezón)

O seguimento dos contactos dun caso importado de Covid-19 detectado o domingo pasado no municipiode Viana do Bolo levou á detección doutros cinco casos dunha mesma unidade familiar.

Segundo a última actualización da área sanitaria de Ourense, os casos detectados no marco deste foco corresponden a tres homes de 84, 59 e 54 anos; dúas mulleres de 80 e 53 e unha moza de 17 anos de idade, confirmaron as mesmas fontes.

Por parte desta área sanitaria destacouse que "desde o primeiro momento activouse o protocolo de identificación, control e seguimento dos seus contactos estreitos e realización das probas diagnósticas correspondentes".

Os pacientes atópanse en situación de illamento nos seus respectivos domicilios a seguimento polos profesionais sanitarias dos seus centros de saúde eserán monitorados pola plataforma TELEA para o seguimento constante e o control na evolución dos seus síntomas, indicaron as mesmas fontes sanitarias.

Ante a posibilidade de novos contaxios, as mesmas fontes destacaron que a Consellería de Sanidade "segue traballando co obxectivo de limitar o risco de novas infeccións, tomando medidas preventivas indicadas nos protocolos aplicables a esta situación".