Os casos positivos rexistrados na Galiza sitúanse en 313

Os casos positivos só aumentan na área sanityaria de Lugo-A Mariña.

O número de casos activos de coronavirus na Galiza descende nun até os 313 esta cuarta feira, mentres que as persoas curadas incrementáronse até as 10.633, o que supón dez máis.

Así consta nos datos actualizados pola Consellería de Sanidade, que indica que do total de pacientes positivos tres están en unidades de hospitalización --un menos que esta terza feira-- e 310 en seguimento domiciliario --sen cambios con respecto á xornada pasada--, mentres que as UCI galegas seguen sen casos COVID.

Dos 313 casos positivos, 128 corresponden á área de Vigo --un menos que este martes--; 70 á da Coruña e Cee --sen cambios--; 23 á de Santiago e Barbanza --un menos--; 20 á de Ourense --un menos--; 52 á de Lugo --tres máis--; 10 á de Ferrol --un menos-- e dez á de Pontevedra --sen cambios--.

Sanidade sinala que, até a data, curáronse na Galiza 10.633 persoas e faleceron 619 pacientes con COVID. A última vítima foi notificada o 10 de xuño, que se corresponde cun home de 83 anos que estaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo. Do total, 274 estaban vinculadas con residencias.

O número de PCR realizadas sitúase en 185.374 fronte ás 182.174 contabilizadas este martes.