Os casos de coronavirus rexistrados na Galiza superan os 300

Once deles están ingresados en coidados intensivos (UCI).

Na Galiza hai rexistrados, ás 15:00 horas 305 casos rexistrados de coronavirus, segundo anunciou o presidente da Xunta, Núñez Feixoo. Unha cifra superior á que o Ministerio de Sanidade derá ás 12:00 horas desta terza feira: 292 casos de coronavirus, case 50 máis que na xornada de onte. 

Deses 305 casos, 11 están en UCI, 59 hospitalizados e 235 en domicilio.

No Estado español hai 11.178 casos rexistrados, 43% deles en Madrid. Desas máis de 11.000 persoas afectadas polo COVID-19, 563 están ingresadas na UCI e o número de falecementos é de 495.

O Estado español xa superou Corea do Sur e é o cuarto estado do mundo con máis casos rexistrados.