Os casos activos seguen a aumentar e a área da Coruña representa xa 40% do total

Imaxe de arquivo (Europa Press)

Nas últimas horas os casos activos aumentaron en 16.

Os casos activos de coronavirus na Galiza continúan en liña ascendente e xa son 375 os rexistrados,16 máis que na xornada de onte. A área sanitaria da Coruña representa 40% do total destes casos no noso país

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus na Galiza é de 375,.

Deles 150 son da área da Coruña (7 máis ca onte), 71 da de Lugo, 28 da de Ourense (+2), 29 da de Pontevedra (1 máis), 67 da área de Vigo (3 máis), 26 da de Santiago (+2), e 4 da de Ferrol (+1).

Do total de pacientes positivos, 2 está en UCI, 15 en unidades de hospitalización e 358 no domicilio.

Polo de agora, na Galiza hai un total de 11.318 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 255.305.

Dentro do total de casos rexistrados na Galiza, anidade informa que  hai 2 vinculados con centros residenciais, segundo indica Sanidade, que corresponde a 2 traballadores, mentres as residencias seguen sen persoas usuarias infectadas.