Os casos activos de Covid na Galiza xa superan os mil: 1.053

(Carlos Sánchez Europa Press)

Aumentaron en 115 respecto onte, a maioría deles (74), na área da Coruña.

Xa hai máis de mil casos activos de coronavirus na Galiza: son 1053, o que supón 115 casos activos máis ca onte. A maioría dos novos casos corresponden á área sanitaria da Coruña, 74, que representa 64% do total dos novos.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, esta sexta feira, o número de casos activos de coronavirus na Galiza é de 1.053.

Deles 618 son da área da Coruña (+74), 99 da de Lugo (+6), 73 da de Ourense (+13), 52 da de Pontevedra (+1), 134 da área de Vigo (+16), 42 da de Santiago (-1), e 35 da de Ferrol (+6).

Do total de pacientes positivos, 42 en unidades de hospitalización e 1.011 no domicilio, na actualidade non hai ningún paciente en UCI.

Polo de agora, na Galiza hai un total de 11.527 persoas curadas, rexistrándose 623 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 274.812.

No que respecta a casos nas residencias, hai 2, correspondentes a persoas usuarias.