Os casos activos por coronavirus descenden a 563

Interior do hospital (Sergas).

O número de curados sitúase en 10.178

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus na Galiza é de 563, 6 menos ca onte.

Deles 132 son da área da Coruña, 37 da de Lugo, 51 da de Ourense, 16 da de Pontevedra, 195 da área de Vigo, 114 da de Santiago, e 18 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 1 permanecen en UCI, 26 están en unidades de hospitalización e 536 no domicilio. Polo de agora na Galiza hai un total de 10.178 persoas curadas, rexistrándose 618 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 148.150.

Residencias

No que atinxe ás residencias de anciás, hai 49 casos activos (os mesmos ca onte), dos que 28 son de persoas usuarias mentres que 21 son de traballadoras e traballadores.

Os falecementos son 274: 132 en residencias e 142 en hospitais e residencias integradas.