Os casos activos de coronavirus continúan a aumentar na Galiza por cuarto día consecutivo

Interior dun hospital (JCCM/EP).

Soben en catro das sete áreas sanitarias

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, esta segunda feira, o número de casos activos de coronavirus en Galza é de 232 fronte aos 217 do domingo.

Deles, 58 son da área da Coruña (1 menos ca onte), 90 da de Lugo (5 máis), 7 da de Ourense (aumentou en 1), 18 da de Pontevedra (baixa 1), 44 da área de Vigo (9 máis), 16 da de Santiago (3 máis), e ningún da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 1 está en UCI, 12 en unidades de hospitalización e 220 no domicilio.

Polo de agora, na Galiza hai un total de 11.227 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 244.127.

Dentro do total de casos rexistrados na Galiza hai un vinculado con centros residenciais, segundo indica Sanidade, que corresponde a un traballador, mentres as residencias seguen sen persoas usuarias infectadas.