Os casos activos de coronavirus rexistran un lixeiro repunte na Galiza por segunda vez nesta semana

(Europa Press)

Son 343, o que supón 2 máis ca na xornada anterior.

Galiza rexistra un total de 343 casos activos de coronavirus, segundo os dados que vén de facilitar a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade.

Unha cifra que supón un lixeiro aumento a respecto dos 341 (2 menos) que se rexistraban esta cuarta feira. A terza feira o número de casos era de 341, un máis que no día anterior.

Porén, estes lixeiros incrementos non luxan un cadro xeral no que o número de falecementos (619) leva una semana sen aumentar e na que os ingresos na UCI (6) por este virus son case que testemuñais. deles 109 son da área da Coruña, 18 da de Lugo, 25 da de Ourense, 7 da de Pontevedra, 141 da área de Vigo, 31 da de Santiago, e 12 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 6 están en unidades de hospitalización e 337 no domicilio. N

Non hai pacientes positivos en UCI. Polo de agora, na Galiza hai un total de 10.506 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 162.562.

Nas residencias de anciás hai 9 contaxiadas, 5 delas persoas usuarias e a 4  traballadoras neses centros. No que respecta a número de falecementos, mantense en 274, das que 132 foron nas propias residencias e 142 en hospitais e residencias integradas.