Os casos activos continúan a aumentar na Galiza e sitúanse en 249

Test rápido coronavirus (Europa Press).

As áreas sanitarias da Coruña e Vigo rexistran os maiores incrementos.

Continúa a aumentar por sexto día consecutivo o número de casos activos de Covid-19 na Galiza.

Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, esta uarta feira o número de casos activos de coronavirus na Galiza é de 249, o que supón 7 máis que na xornada anterior, terza feira.

Deles 71 son da área da Coruña (8 máis ca onte), 80 da de Lugo (5 menos), 6 da de Ourense (-1), 20 da de Pontevedra (mantense igual), 50 da área de Vigo (+3), 21 da de Santiago (+1), e 1 da de Ferrol (+1).

Do total de pacientes positivos, 1 está en UCI, 8 en unidades de hospitalización e 240 no domicilio.

Polo de agora, na Galiza hai un total de 11.251 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 246.840.

Dentro do total de casos rexistrados na Galiza hai un vinculado con centros residenciais, segundo indica Sanidade, que corresponde a un traballador, mentres as residencias seguen sen persoas usuarias infectadas.