Os casos activos aumentan en todas as áreas sanitarias galegas e xa suman máis de 400

(Foto:Jesús Hellín / Europa Press)

Son 406, o que supón 31 máis que na xornada de onte.

Continúan a aumentar os casos activos de coronavirus na Galiza e ese incremento deuse nas últimas horas en todas e cada unha das sete áreas sanitarias galegas.

Na da Coruña, con 11 casos activos máis, é onde se deu a maior suba; seguida de de Vigo (con 7 máis) e a de Pontevedra (con 6)

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus na Galiza é de 406, o que supón 31 máis que na terza feira.

Deles 161 son da área da Coruña (11 máis que onte), 74 da de Lugo (+3), 29 da de Ourense (+1), 35 da de Pontevedra +6), 74 da área de Vigo (+7), 28 da de Santiago (2 máis ca onte), e 5 da de Ferrol (+1).

Do total de pacientes positivos, 2 están en UCI, 18 en unidades de hospitalización e 386 no domicilio.

Polo de agora, na Galiza hai un total de 11.331 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 257.156.

Dentro do total de casos rexistrados na Galiza, anidade informa que  hai 2 vinculados con centros residenciais, segundo indica Sanidade, que corresponde a 2 traballadores, mentres as residencias seguen sen persoas usuarias infectadas.