Os casos activos, 2.400, sitúanse en rexistros do mes de agosto

Test de antíxenos da Covid. (Foto: Jesús Hellín / Europa Press )

Galiza encara o novo alivio das restricións fronte á Covid-19 -que desde este sábado inclúen reunións de seis persoas en interior e 10 en exterior, así como aumento de capacidades en locais comerciais e outras actividades- con 2.400 casos activos -unha vintena menos- e a presión hospitalaria en descenso con 121 pacientes ingresados, tres menos.

Segundo os datos actualizados na mañá da sexta feira pola Consellaría de Sanidade con rexistros até as 18 horas desta quinta feira, seguen 28 pacientes ingresados en UCI na e descenden a 93 os doutras unidades -tres menos-.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria descende nas áreas de Ferrol, Ourense e Pontevedra e O Salnés; aumenta lixeiramente nas de Santiago e Barbanza e Vigo; e mantense nas da Coruña e Cee e Lugo.

En concreto, na de Ferrol descenden a dous os pacientes Covid en UCI -un menos- e a tres os doutras unidades -un menos-; mentres que na de Ourense seguen seis en críticos e caen a catro as doutras unidades -dous menos-.

Pola súa banda, na de Pontevedra e O Salnés continúan catro pacientes en UCI e baixan a nove os doutras unidades -dous menos-, mentres que na de Lugo seguen dúas en críticos e 11 noutras unidades.

En canto á área da Coruña e Cee, continúa cos mesmos no global, xa que aínda que aumentan a cinco os pacientes en UCI -un máis-, baixan a 25 os doutras unidades -un menos-.

Na de Santiago e Barbanza soben a catro o críticos -un máis- e a 18 os doutras unidades -un máis- e na de Vigo aínda que descenden a cinco os que se atopan en UCI -un menos-, aumentan a 23 os doutras unidades -dous máis-.

Casos activos

Os casos activos de Covid-19 seguen coa tendencia descendente por sexta xornada consecutiva ao caer a 2.400, vinte menos que a xornada anterior, ao rexistrarse máis altas (163) que contaxios (143) e non haber falecidos. Deste xeito, mantéñense en valores da segunda quincena de agosto do ano pasado.

Por áreas sanitarias, as infeccións activas descenden nas de Pontevedra e O Salnés (-19), A Coruña e Cee (-15) e Vigo (-10); mentres que soben nas de Lugo (+11), Ourense (+5), Ferrol (+5) e Santiago e Barbanza (+3).

Deste xeito, a de Vigo continúa á cabeza con 712 casos activos; seguida da Coruña e Cee, con 446; Santiago e Barbanza, con 442; Lugo, con 233; Pontevedra e O Salnés, con 291; Ourense, con 196; e Ferrol segue á cola con 80.

Novos contaxios

Pola súa banda, os novos contaxios detectados por calquera tipo de proba subiron lixeiramente a 143 tras manterse en 130 nas dúas últimas xornadas, despois de descender aos 89 na terzaz e situarse por baixo do centenar, e arrincar esta semana con 123.

Do conxunto de positivos 145 foron confirmados por PCR nas últimas 24 horas -supoñen 19 máis-, dos que 44 corresponden á área de Vigo; 29, á de Santiago e Barbanza; 21, á de Lugo; 17, á de Ourense; 12, a Pontevedra e O Salnés; outros 12 á da Coruña e Cee; e 10, á de Ferrol.

Realizáronse 6.942 PCR na última xornada, algo máis dun milleiro que as feitas o día anterior.

A taxa de positividade mantense por baixo do 2% desde o inicio desta semana ao ascender moi lixeiramente ao 1,71%. Así, segue por baixo do 5% que a Organización Mundial da Saúde (OMS) fixa para dar por controlada esta pandemia. A última vez que Galiza excedeu esta barreira foi o 15 de febreiro.

As persoas falecidas diagnosticadas con Covid-19 desde o inicio da pandemia mantéñense en 2.415 no conxunto da Galiza, ao non notificar a Consellería de Sanidade novas vítimas.