Carlos Callón fálanos das 1.841 mozas e mozos que estudan portugués no ensino secundario na Galiza

Son 1.841. A cifra máis alta da historia. Mais unha cifra relativamente baixa se a compararmos co número de estudantes de secundaria na Galiza e se a pormos en relación co índice que rexista unha comunidade allea á lusofonía como Estremadura: cinco veces superior ao noso país.

Na súa vídeo-columna desta segunda feira, Carlos Callón fálanos da súa experiencia como profesor na materia de portugués -unha optativa no ensino secundario na Galiza. Unha experiencia non exenta de problemas -os atrancos que pon a Consellaría-, mais tamén de satisfaccións. "Potenciar o portugués, valorar o portugués, significa potenciar e valorar o galego", conclúe.