Carlos Callón estrea a súa vídeo-columna cun comentario sobre a asemblea do BNG

Carlos Callón

É segunda feira 29 de febreiro e en Sermos estamos de estrea: apresentámosvos a primeira vídeo-columna de Carlos Callón. Cada segunda, aquí no Sermos, ten a palabra Carlos Callón.

 

Carlos Callón fala con franqueza de por que decide se mergullar na piscina do vídeo-columnismo: "Nun momento no que até o papa Francisco crea unha canle en Youtube... levaba tempo dándolle voltas á posibilidade de transmitir opinións e ideas dunha maneira diferente", di entre serio e brincallón.

Todo será susceptíbel de ser analisado polos óculos de Callón, embora algúns dos seus clásicos obviamente non faltarán, tal e como nos adiantou a pasada semana: "Por unha banda, falarei do máis habitual en min, que é a lingua, a súa situación. E tamén tocarei a historia, aquelas pequenas anécdotas que penso que é interesante que se coñezan sobre o noso pasado para saber de onde vimos e cara a onde vamos. Ademais, falarei sobre a historia da homosexualidade na Galiza. De feito, vou anticipar que a través desta sección revelarei un documento histórico exquisito que vai deixar a xente coa boca aberta –cóntocho para que me sigan (ri)-. Tamén farei comentarios de actualidade e de política"-

Eis, pois, a súa primeira entrega. E, xa sabedes, cada segunda feira, máis: