A caravana lilá aparca na Galiza a segunda feira

A Marcha Mundial das Mulleres presentou o nutrido programa de actividades que acompañarán a visita.

 

Esta cuarta feira (1 de outubro) a Marcha Mundial das Mulleres presentou publicamente, en comparecencia de imprensa, o programa de actividades que desenvolverán polo país co gallo da chegada da Caravana feminista a Galiza. 

Comezarán a segunda feira (5 de outubro) en Ferrol e culminarán en Tomiño, desde onde partirán cara a Portugal con destino Lisboa. Compostela, Ourense, Vigo, San Sadurniño ou Betanzos serán algunhas das localidades polas que pasará. 

Entre as actividades programadas atópanse diversas actuacións musicais, palestras e encontros con outros colectivos cos que partillarán experiencias. Sermos Galiza adiantaba hai unhas semanas a programación completa que podes visitar nesta ligazón