Cara os dereitos sociais e o reparto da riqueza

[Imaxe ODS-Coia]

ODS-Coia organiza unhas xornadas o 2 de abril en Compostela nas que afondar en propostas concretas que garantan o dereito a unha vida digna.

'Da Risga á Renda básica das iguais'. Eis o título das xornadas que organiza esta fin de semana (2 de abril) a Oficina de Dereitos Sociais de Coia en Compostela, na Gentalha do Pichel. 

Un día de debate no que confrontar ideas mais tamén co que coñecer alternativas que se están a construír noutros lugares como Catalunya ou Euskal Herria. 

O obxectivo é comezar a traballar en "propostas concretas" que pulen polos "dereitos sociais" 

Desde ODS-Coia sinalan que o obxectivo é examinar "o papel que xoga a pobreza" no marco do "escenario" que debuxa o "capitalismo depredador" para a partir desa reflexión "deconstruír o empobrecemento como un fracaso indivisual" e comezar a pular por alternativas "concretas que garantan o dereito a unha vida digna e contribúan a procesos de transformación radicais". 

"As xentes de Baladre deixamos a un lado os termos difusos (cambio, progreso, transversalidade, reformismo, benestar....) para abordar propostas concretas que garantan o dereito a unha vida digna e contribúan a procesos de transformación radicais", apuntan. 

Eis a programación completa. 

Xornadas: “Da RISGA á Renda Básica das iguais”

10:00 - Presentación da xornada.

10:15 a 11:45 - “Planeta carroña. O capitalismo actual e as súas consecuencias”, a cargo de J. M. Busqueta (Seminari Taifa)

12:00 a 14:00 - “O seu benestar e o noso malestar”:

- “A función da pobreza no capitalismo”, a cargo de Albert Sales (sociólogo e profesor de universidade Pompeu Fabra)

- “A Galiza máis excluída”, a cargo de Leticia Castro (educadora social)

Xantar

16:00 a 17:00 - “L'Olivera, 42 anos de economía social”, a cargo de Clara Griera (Cooperativa L'Olivera)

17:00 a 18:30 - “Da RISGA á Renda Básica das iguais”, a cargo de Mari Fidalgo e Manolo S. Bayona (Baladre)

18:30 a 19:30 - “Os Puntos de Información e Denuncia e Asembleas de empobrecidas-precarias”:

- Ruth López (Punto de Información Erletxea en Irún)

- Beatriz Lorenzo (ODS-Coia)

19:30 - Lectura das propostas recollidas na xornada