Canto sabes do teu concello? O IGE publica un mapa interactivo para pór a proba o teu coñecemento

Mapa da Galiza por comarcas e concellos (Foto: Nós Diario).
As preguntas van desde as actividades económicas que máis se levan a cabo no municipio até a densidade de poboación.

O Instituto Galego de Estatística (IGE) vén de publicar un mapa interactivo para pór a proba canto sabes do teu concello.

A través dun mapa, pódese escoller un concello galego sobre o que se fan unha serie de preguntas relacionadas co mesmo.

As preguntas

As preguntas van desde as actividades económicas que máis se levan a cabo no municipio até a densidade de poboación.

Outras preguntas teñen a ver con nacementos e defuncións ou a renta per cápita.