Cancelado o Festigal 2020

festigal 2018

“Para o vindeiro ano volveremos vernos 24 e 25 de xullo”, sinala a organización.

Non haberá Festigal este ano. A situación excepcional provocada polo coronavirus obriga a organización a cancelar a XVIII edición do festival que se celebra en Compostela co gallo do Día da Patria.

“A comisión do Festigal decidiu ca­ncelar a XVIII edici­ón do festival. Ante a situación act­ual e coa información que contamos até o momento valoramos que non temos a capac­idade real nin efect­iva para garantir a seguridade de todas as persoas que parti­cipades no Festigal”, manifestan.

Por iso, proseguen, “facendo un exercicio de responsabilidade acordamos adiar a edición para o vinde­iro ano, volveremos vernos o 24 e o 25 de xullo no Campus Vi­da de Compostela”.

“No 2021 volverem­os disfruta da músic­a, da cultura e da lingua deste país, vo­lveremos disfrutar do Festigal. Agardamos vervos a todas e todos alí”, conclúen ao tempo que agradecen o apoio​