Os campus galegos tínxense de república: nos referendos máis de 90% a favor da abolición da monarquía

Imaxe: Referendo USC

Por volta de 8.000 persoas tomaron parte nos referendos convocados nos diferentes campus galegos e que deixan uns resultados nos que máis de 90% dos votantes apostan en abolir a monarquía.

Oito mil persoas da comunidade universitaria galega votaron nos referendos convocados polos diferentes campus do país sobre a monarquía española e que decorreron estes días. Unhas consultas que deixan un resultado contundente: a inmensa maioría votou a favor da súa abolición, máis de 90%. Unha inmensa maioría, tamén, votou a favor da apertura de procesos constituíntes que leven á instauración dunha república.

 

O de Compostela foi o campus cun maior número de votantes: 3.592. Lóxico tendo en conta que é o que ten tamén máis estudantes e persoal. Desas 3.592 persoas, 3.305 votaron si á abolición da monarquía fronte a 261 que apoiaron coa súa papeleta a continuidade deste sistema.

 

No campus da Coruña votaron 2.064 persoas: 1.810 a favor de abolir a monarquía e (na segunda pregunta, 1.837 a prol de instaurar a república a través de procesos constituíntes. No de Ferrol, 151 votantes, a papeleta contra a continuidade dos Borbóns tivo 127 apoios.

 

1.584 persoas votaron no referendo no campus de Vigo, das cales 1.435 posicionáronse contra a monarquía por 124 partidarios de que se manteña. Dos 713 votos mo campus de Ourense, 547 foron contra a monarquía.