Un camión cisterna comeza a arder na A-52 á altura da Caniza

Un detalle da autovía A-52 (Imaxe: European Roads).
Segundo informou o 112 nas redes sociais, o condutor do vehículo, cuxa mercadoría non é perigosa, saíu do mesmo polo seu propio pé.

A A-52 á altura da localidade da Caniza (quilómetro 269) foi cortada á circulación, despois de que un camión cisterna, que transportaba polietileno, comezase a arder.

Segundo informou o 112 nas redes sociais, o condutor do vehículo, cuxa mercadoría non é perigosa, saíu do mesmo polo seu propio pé.

Como medida preventiva estabeleceuse un perímetro de seguranza de 250 metros. Así, os vehículos poden circular pola autovía en dirección Ourense, mentres que o outro sentido continúa cortado.

Nos labores de extinción do fogo e seguridade viaria están a participar a Garda Civil de Tráfico, a Policía Local, Grupo Especial de Seguridade (GES) de Ribadavia, Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento (Speis) do Porriño, GES-Speis de Ponteareas e sanitarios de urxencias.