Camiño dos 15.000 casos activos e 900 hospitalizados

(Foto: Javi Colmenero / Europa Press)

O número de contaxios confirmados na última xornada supera os 1.300.

(En ampliación)

Camiño dos 15.000 casos activos de Covid-19, coa presión hospitalaria a aumentar día tras día e xa abeirando os 900 ingresados e un rimo de contaxios confirmados que non baixa dos mil diarios, os escenarios a curto prazo da pandemia na Galiza non deixan marxe para o optimismo.

Os dados da Consellaría de Sanidade indican que xa estamos nos 14.975 casos activos de coronavirus, 900 máis que onte. Aumenta o ritmo de subas tras varios días movéndose por riba dos 800 casos de incremento diario mais sen chegar a 900.

En canto á presión hospitalaria, hai 828 persoas ingresadas nos hospitais polo coronavirus, o que supón medio cento máis que na xornada anterior. En planta hai 696 pacientes (+30) e nos coidados intensivos, 132 (+18).

Os contaxios confirmados na última xornada foron 1.372, dos cales 1.104 foron por PCR. A taxa de positividade sitúase en 11,5% (A OMS sitúa como limiar para controlar a pandemia o 5%).

En canto a falecementos, o coronavirus xa matou na Galiza 1.550 persoas, 14 delas nas últimas horas, 76 na última semana.

O índice de incidencia a 14 días está na Galiza en 522 casos por cen mil habitantes. Ourense, A Coruña e Santiago son as 3 cidades que superan ese índice.