Camiñando contra os recortes e por un ensino público de calidade no rural

Ensino público

Esta fin de semana decorreu o último tramo da camiñada contra a Lomce e os recortes no ensino público que leva semanas percorrendo diferentes comarcas de Galiza. 

O sábado 7 de setembro, decorreu o último tramo da camiñada contra a Lomce e os recortes no ensino público. Foi entre Corcubión e Fisterra, con parada en Sardiñeiro para botar ao mar as barquiñas Mimadriña, sinalan desde as ANPAs da Costa da Morte.

Tomaron parta nesta marcha (acompañados de nais, pais, alumnado, profesorado e do deputado do BNG Cosme Pombo) @s integrantes da Plataforma; da federación provincial de anpas de Lugo (FAPACEL); de Nova Escola Galega;  membros da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público  e da federación de Anpas da Costa da Morte.

Ao chegar ao faro de Fisterra leuse un manifesto reivindicativo da Plataforma en Defensa da Montaña e o Rural, “continuando con outras intervencións coincidentes co manifesto onde se expuxo a necesidade de que aos centros de ensino do rural se lles dote do medios materiais e profesionais que precisan para unha educación de calidade, incluíndo especialistas de infantil e primaria, así como o persoal de apoio necesario demandado pola comunidade educativa”.

As federación provincial de anpas de Lugo e a da Costa da Morte, como integrantes da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, convidaron á participación da marcha en contra da LOMCE e dos recortes que terá lugar o 28 de Setembro en Compostela e expresaron "a necesidade de traballar xuntos todos os colectivos sensibilizados na defensa do Ensino Público para tentar paralizar a LOMCE".

Foto: Anpas da Costa da Morte