Camiñada paso a paso por un espazo libre de minas no Touro e Pino

A mobilización veciñal contra o proxecto mineiro para Touro e O Pino non mingua. Este domingo máis de medio cento de persoas tomaron pate na camiñada para reivindicar un espazo libre de minas" organizada pola Plataforma contra a Mina. Varias ducias de persoas desafiaron o mal tempo para, partindo das igrexas de Loxo e de Arca, camiñar os catro quilómetros de distancia que hai polo Camiñlo Real confluír no Campo de Festas de Cebreiro, onde pode degustar un bo polbo na Feira do 20.


A veciñanza mantén o puso contra o proxecto mineiro para a zona, sobre o que advirten do seu grave impacto económico, social e ambiental nesta zona de Galiza. Unha loita que logrou a solidariedade e apoio de gran parte non só da comarca senón tamén de sectores como o do mar da Arousa, consciente do risco desta actividade para o ecosistema produtivo desa ría.