Cambios no mapa dos concellos galegos en alerta pola Covid: consulta aquí as novidades

Mapa coronavirus

Un total de 47 municipios están no nivel máximo, 3 de alerta.

Os concellos galegos en alerta vermella pola incidencia da Covid-19 baixaron hoxe a 47, dous menos que a xornada de onte, día no que tamén se rexistrou un descenso após varios días de constante subida. Nesta xornada incorpóranse a este nivel Sada (comarca da Coruña) e Lalín (Deza).

Vimianzo pasa do nivel tres ao dous, ao que se incorporan Cedeira, Neda e Noia e do que saen Ares, Arzúa e Porto do Son.

Lalín incorpórase á alerta vermella, mentres que Poio baixa ao nivel laranxa. Na provincia de Lugo, non se rexistran cambios, mentres que en Ourense descenden ao nivel laranxa Barbadás e Verín.

De acordo co mapa 'semáforo' que actualiza diariamente a Consellería de Sanidade, a gran maioría de concellos en situación 3 pola pandemia están situados nas provincias de Pontevedra (21) e A Coruña (17), seguidas de Ourense (4) e Lugo (5).

Están en alerta vermella hoxe Baiona, Cambados, Cangas, A Cañiza, O Grove, A Guarda, Lalín, Marín, Moaña, Mos, Nigrán, Pontevedra, O Porriño, Ponteareas, Redondela, Ribadumia, Salvaterra de Miño, Tomiño, Tui, Vigo e Vilagarcía de Arousa.

Tamén os municipios de Ames, Arteixo, Boqueixón, Cambre, Carballo, A Coruña, Culleredo, Fene, Ferrol, Malpica, Narón, Oleiros, Ordes, Pontedeume, Sada -pasa do dous ao tres-, Santiago e Teo.

Cervo, Monforte de Lemos, Viveiro, Burela, Lugo, Carballiño, Xinzo de Limia, Ourense e Ribadavia completan a listaxe de localidades en alerta máxima pola pandemia.

A entrada no nivel máximo de risco de todas estas localidades implica que se detectaron máis de 21 casos de coronavirus no últimos sete días.

Con todo, nas urbes de máis de 50.000 habitantes, o limiar para detectar o aviso vai en función do tamaño: Ferrol -máis de 76 casos nunha semana-, Pontevedra -máis de 96-, Santiago -máis de 112-, Lugo -máis de 112-, Ourense -máis de 120-, A Coruña -máis de 276- e Vigo -máis de 332-.

Mentres, en situación dúas -na cor laranxa do mapa- sitúanse 18 concellos, dous menos que na xornada de onte: Betanzos, Cerceda, Santa Comba, Valdoviño, Vimianzo, Cedeira, Neda, Noia.

Incorpórase a este nivel Palas de Rei e mantense Bóveda, mentres que figuran Barbadás e Verín, que pasan da alerta vermella á laranxa. A Estrada, Gondomar, Sanxenxo, Silleda, Vilaboa e Poio, que pasa do tres ao dous, completan este nivel 2.