Calvos de Randín, Baltar, Viana do Bolo e Manzaneda rexistran temperaturas por baixo dos -10 graos

Neve en Curtis nunha foto de arquivo [Foto: Carme Fiaño]
Os menos 11,9 graos centígrados en Calvos de Randín, a temperatura mínima da xornada.

As localidades de Calvos de Randín, Baltar, Viana do Bolo e Manzaneda rexistraron nas últimas horas temperaturas por baixo dos -10 graos.

Así figura nos valores recollidos na páxina web de Meteogalicia, que sinala os menos 11,9 graos centígrados alcanzados en Calvos de Randín ás 08:50 horas de hoxe como a temperatura mínima da xornada.

Pero os termómetros tamén se esborrallaron por baixo dos 10 graos negativos noutros puntos do interior da Galiza.

E é que tres estaciones de Meteogalicia situadas por baixo dos 900 metros de altitude captaron temperaturas por baixo deses valores. Foi, ademais de en Calvos, en Baltar (-10,9 graos ás 08:50 horas) e en Viana do Bolo (-10,3 graos ás 08:40 horas).

Así mesmo, na estación meteorolóxica de Manzaneda --situada por riba dos 900 metros-- tamén se atinxiron temperaturas por baixo dos 10 graos baixo cero. En concreto, foi ás 08:50 horas, cando os termómetros baixaron até os 10,2 graos negativos.