Calvos de Randín rexistra de novo a temperatura máis baixa da Galiza con 6,6 graos baixo cero

Xeada en Calvos de Randín (A Limia) (Foto: Europa Press).
Meteogaliza informa de que a semana comeza con frío e tempo seco, aínda que pola tarde cubriranse os ceos, de forma que se esperan choivas débiles, máis probábeis na metade sur da Galiza.

O municipio de Calvos de Randín (A Limia) rexistrou a temperatura mínima na Galiza na madrugada desta segunda feira, con 6,6 graos baixo cero concretamente ás 4.50 horas. Meteogaliza informa de que a semana comeza con frío e tempo seco, aínda que pola tarde cubriranse os ceos, de forma que se esperan choivas débiles, máis probábeis na metade sur da Galiza.

As seguintes mínimas en Galicia nesta xornada foron: Baltar (-5,3 graos) e Xinzo (-4,2 graos). Igualmente, volveu a neve ás montañas do interior galego, nomeadamente na comarca de Trives.

Neve

Neste sentido, a semana pasada, o país galego rexistraba as primeiras nevadas do inverno no Cebreiro, Manzaneda e A Fonsagrada. As primeiras folerpas do ano e tamén da temporada invernal fixeron actuar os efectivos dispostos nos plans de vialidade invernal para velar polo estado das estradas nas zonas onde se deron nevadas.

Manzaneda e O Cebreiro estarán en alerta amarela por neve, ao entrar en circulación desde o noroeste unha fronte de ar frío e inestabilidade. Segundo informou Meteogaliza, esta fronte deixará chuvascos de neve a partir dos 800 metros.