Calvos de Randín rexistra -8,8 graos nunha noite xélida na Galiza

Os Calvos volveu batir o récord con temperturas de -8 graos (Foto: Rosa Veiga / Europa Press).
Segundo os valores notificados por Meteogaliza, tamén superaron os 8 graos negativos en Baltar (A Limia) e en Sarria (comarca homónima) os termómetros rexistraron mínimas de até 6,2 graos negativos.

O municipio de Calvos de Randín (na Limia) volveu a ser a localidade coas temperaturas máis frías da Galiza, con 8,8 graos baixo cero ás 08 horas desta segunda feira, nunha madrugada con fortes xeadas no interior do país.

Segundo os valores notificados por Meteogaliza, tamén superaron os 8 graos negativos en Baltar (A Limia) e en Sarria (comarca homónima) os termómetros rexistraron mínimas de até 6,2 graos negativos.

Ademais, localidades como Arzúa (comarca homónima) ou Riós (Verín) estiveron próximas aos 5 graos baixo cero á primeira hora da mañá desta segunda feira.

O que vén

Así, a semana comeza con altas presións sobre Galiza, que continuará con tempo seco, ceos despexados en xeral, algunhas nubes baixas ao noroeste e néboas no interior, localmente persistentes.

As temperaturas seguirán en lixeiro descenso, mentres que o vento soprará frouxo de dirección variábel.

Para a xornada da terza feira, Meteogaliza espera nubes e néboas matinais no interior e pola noite unha fronte traerá choivas polo noroeste que se irán xeneralizando durante a madrugada. En canto ás temperaturas mínimas estarán en lixeiro ascenso e as máximas en lixeiro descenso.