Cal é a situación nas cidades galegas de máis de 100.000 habitantes?

Vista de Vigo (Imaxe: Rtve)

Nin Vigo, nin A Coruña nin Ourense presentan actualmente as condicións pactadas por Madrid e Goberno español para impor novas restricións no Estado por mor do coronavirus. A que máis e achega é a urbe viguesa.

Ningunha das 3 cidades de máis de 100.000 habitantes da Galiza (Vigo, A Coruña, Ourense) presenta as condicións pactadas polo Ministerio de Sanidade e a Comunidade de Madrid para aplicar restricións de mobilidade e sociais pola pandemia do coronavirus.

O acordo prevé que se apliquen as restricións cando a taxa de incidencia sexa superior a 500 positivos por 100.000 habitantes, cunha porcentaxe de PCR positivas superior a 10% e un índice de ocupación nas UCI superior a 35%.

Das 63 cidades do Estado con máis de 100.000 habitantes a que máis se achega a algún destes criterios é Vigo, que figuraría de 16ª nunha táboa de urbes con risco de sufrir estas restricións.

En Vigo nas últimas 2 semanas a taxa de incidencia sitúase en 372 por cada 100.000 habitantes (as restricións empezarían a partir de 500). A porcentaxe de PCR positivas (dados de Comunidade Autónoma) é de 6% - o límite sería 10%- e a ocupación de UCi, tamén con dados da Galiza, sería de 4% (o pactado entre Goberno español e Madrid é 35%.

En Ourense a taxa de incidencia é de 253 por cada 100.000 habitantes e na Coruña de 178.

Das 63 cidades do Estado con máis de 100.000 habitantes, Parla, Fuenlabrada e Alcobendas son as tres que presentan peores rexistros, as tres na Comunidade de Madrid. Vigo figura de 16ª, Ouerense de 26ª e A Coruña de 39ª.