Crise dos pellets

Cal é a composición das bólas que chegan á Galiza?

Un voluntario recollendo pellets hoxe na praia viguesa de Samil. (Foto: Adrián Irago / Europa Press)
Analizamos a composición dos pellets con base nos informes e información dispoñíbel.

"Os pellets que se verteron o pasado día 8 de decembro do barco Toconao de bandeira de Liberia ían en sacos etiquetados como 'UV9000 light stabilizer' importados por Bedeko Europe e fabricados na India pola empresa Coraplast (si, moito do plástico que se consome en Europa se produce en Asia)". Así comeza a información do equipo de investigación Ecotex sobre a súa analítica das bólas de plástico que chegan á costa galega.

Uns granulados, apuntan, cuxa matriz é o polímero máis habitual, polietileno, "totalmente inocuo". PERO (Ecotex pon este adverbio en maiúsculas) conteñen entre 10 e 3% "dun aditivo químico empregado como estabilizador ultravioleta (como era de esperar dadas as etiquetas dos sacos)". Este aditivo, informan, denominado UV622 (número CAS 65447-77-0) é á súa vez "un polímero non biodegradábel con dous compoñentes".

Por unha parte, o ácido succínico, "un ácido orgánico sen problemas a nivel toxicolóxico", e unha suBstancia sintética da familia das aminas aromáticas que lle dá as súas propiedades antioxidantes (número CAS 52722-86-8). "Esta substancia está clasificada pola Axencia Química Europea como con toxicidade crónica (sería tóxica en exposicións prolongadas, que non é o caso duns labores de limpeza puntuais), e irritante para os ollos (polo que na limpeza debe terse esta precaución)".

Apunta que a súa toxicidade para Daphnia (invertebrado acuático que se emprega como modelo para valorar a toxicidade dunha sustancia) catalogaríase como pouco tóxica. Porén, "na folla de seguridade do UV622 figura unha toxicidade para Daphnia [... ] dun nivel medio de toxicidade acuática.