O caderno 'Gozar' convídate a pasear por Pena Trevinca

Nesta sexta feira, o suplemento de lecer de Nós Diario recolle os rincóns que tes que visitar se vas a Ourense e cóntache cales foron as orixes da viticultura galega. Tamén fala sobre o cultivo do té no país.

Se queres ter a man os mellores plans para o tempo de lecer na Galiza, non esquezas que mañá publícase co teu Nós Diario o caderno 'Gozar'. Nesta sexta feira poderás preparar una próxima excusión lendo a reportaxe “Pena Trevinca: descubrindo a nosa alta montaña”, lugar polo que te guiarán as verbas de Martín Agrelo e Valerià Paül.

O apartado 'Tesouros' está asinado, neste novo número, por Anxo Fole Lamas. O autor explícache todo sobre o “Té que sabe a Galiza”, ese que nace en Paderne da man da firma Orballo.

(Podes ler os artigos do suplemento Coñecer, en Nós Diario, á venda no teu quiosque ou na nosa loxa)

Moita música e saber vivir

A peza central, inserida na sección 'Paraíso de Viños', Francisco Rego fornece información sobre a “Orixe da viticultura galega. As castes de cultivo minoritario”.

O 'Rúas secundarias' ocúpase de “Ourense, con A de amor”. O escritor Pedro Feijoo subliña os prodixios da cidade de interior.

O xerente da empresa hostaleira Galipizza, José M. Vázquez 'Leman', explica algúns dos seus segredos no 'Selfie'.

Por se fora pouco contido, no 'Quen fai que' vas atopar información sobre a X edición da Emoción dos Viños, que decorrerá no mosteiro de Oia; a celebración do sexto aniversario da Arca de Noe co grupo Tiruleque e o concerto de Uxía, Ruibal e Zambujo no Auditorio do Mar de Vigo.

Suplementos diarios de carácter temático

'Coñecer’, ‘Aprender’, ‘Xogar’, ‘Gozar’ e ‘Producir’ publicaranse de terzas feiras a sábados co diario para ampliar a información relativa a patrimonio, historia, arte, ciencia, educación ambiental, ensino, actividade física, gastronomía, enoloxía, viaxes, sectores produtivos e iniciativas empresariais, entre outros. Unha aposta de Nós Diario no marco da celebración dos seus cen primeiros números en papel.