O caderno 'Gozar' cóntache á vida cotiá nas Illas Atlánticas

Imaxe da reportaxe central do suplemento 'Gozar' (Foto: Nós Diario)
O suplemento, que estará dispoñible co teu Nós Diario nos quiosques esta sexta feira, tamén inclúe unha interesante reportaxe sobre o viño Branco Lexítimo de Betanzos e un artigo sobre o potencial das hortas que existen baixo o mar.

Agora que chega a fin de semana apetéceche brindar con algo especial? Estás a pensar nun bo viño para celebrar o Día da Patria? Hoxe, no caderno 'Gozar', que poderás mercar co teu Nós Diario de sempre nos quiosques, Xosé Antonio Meixide Fernández ofréceche “Gozarmos dos viños da Terra de Betanzos e da súa caste Branca Lexítima”.

Eva Cameán fala dos “Segredos do val” na sección 'Tesouros' para completar unha capa ben atractiva.

A reportaxe central está asinada, nesta sexta feira, por Alfredo López. Como amante do país poderás achegarte un pouco máis a “O cotiá nas illas Atlánticas”. O autor ensina segredos e animais veciños do arquipélago galego no apartado 'Ollaaorredor'.

De sabores

Se o que prefires é cociñar Anxo Fole Lamas vaite ensinar toda “A horta submariña” a través das súas verbas na sección 'Sabor a mar'.

Na contracapa atoparás unha pequena entrevista a Xosé Luís Valín, coordinador de Arqueixal, ao que esta semana tócalle ser protagonista do 'Selfie'.

Por último, o 'Quen fai que' garda espazo para un concurso de fotografía na reserva do Gerês-Xurés, o videoclip que lanza o Festigal (que este ano nos se realizará por mor da Covid-19) e o decorrer do festival Sinsal.

Suplementos diarios de carácter temático

'Coñecer’, ‘Aprender’, ‘Xogar’, ‘Gozar’ e ‘Producir’ publicaranse de terzas feiras a sábados co diario para ampliar a información relativa a patrimonio, historia, arte, ciencia, educación ambiental, ensino, actividade física, gastronomía, enoloxía, viaxes, sectores produtivos e iniciativas empresariais, entre outros. Unha aposta de Nós Diario no marco da celebración dos seus cen primeiros números en papel.

(Podes ler os artigos do suplemento Aprender, no Nós Diario, á venda no quiosque ou na nosa loxa)