Unha cadea humana reivindica a liberdade dos presos independentistas
A tradicional convocatoria de Ceivar chamou a un “um esforzo solidario con aquelas e aqueles que converteron a militancia pola Galiza no centro das suas vidas”.
Compostela acolleu este 24 de xullo, véspera do Día da Patria Galega, a tradicional cadea humana de Ceivar para reivindicar a liberdade dos presos galegos independentistas.
A marcha saíu da Praza da Galiza e ducias de persoas percorreron as rúas da zona vella da capital galega para defender a liberdade para Antom Garcia Matos e Asunción Losada Camba, os dous únicos presis independentistas galegos actualmente en prisión.
Ceivar, a través dun comunicado, manifesta que “a liberdade de Antom e Assum depende dunha decisión política: as ganas do Goberno español de desactivar as medidas de excepción que fan que as presas e presos políticos cumpran penas desproporcionadas, e o fagn en condicóns extraordinarias”.
Por último, os solidarios e solidarias que tomaron parte neste acto crttican “a represión que España ainda mantén activa contra Eduardo Vigo e Roberto Fialhega”, presos independentistas excarcerados hai uns meses mais sobre os que “aínda pesa unha condena de 9 anos de restrición dos dereitos civís e políticos máis elementais”.