Unha cadea humana contra a continuidade de Elnosa na Ría de Pontevedra

[Imaxe: Pontevedraviva] Elnosa

Convocada pola APDR para este sábado, 9 de decembro, a partir das 12:30.

A Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra (APDR) convoca unha cadea humana contra a continuidade de Elnosa na Ría de Pontevedra. Un acto que terá lugar o sábado ás 12:30, coa Praza de Liberdade como punto de partida para percorrer as rúas entre a sede da delegación do Ministerio de Medio Ambiente e a sede da Xunta en Campolongo

 

A cloreira enfróntase a dous procesos administrativos. Está pendente da revisión da Xunta da Autorización Ambiental Integrada (AAI) para que se acepte o paso da tecnoloxía de  mercurio á de membrana. A Xunta xa anunciou que concederá a autorización. Ademais,, atópase pendente da prórroga de Costas para poder continuar ocupando o espazo actual despois do 29 de xullo de 2018 cando finalice a concesión marítimo-terrestre.