Vacinación: de cada 10 doses que recibe Galiza, 7 son de Pfizer, 2 de AstraZeneca e 1 de Moderna

Diferentes vacinas para a Covid-19. (Foto: Daniel Karman / Dpa)

Até o 20 de abril Galiza recibiu 1.030.165 doses.

Até o 20 de abril Galiza recibiu 1.030.165 doses no marco da ‘Estratexia de Vacinacióncontra a Covid 19. Dese máis de millón de doses administráranse, até esta terza feira, 914.267, o que significa que se empregaron 88,7% das recibidas, porcentaxe por baixo da media estatal a esta altura.

Até o 20 deste mes, a media no conxunto do estado era de 90,5%, case 2 puntos superior ao ritmo de vacinación na Galiza.

Así, na Galiza hai xa 681.904 persoas que recibiron unha dose mentres que as que xa levaron a pauta completa (2 doses) son 232.363

Pfizer á a principal vacina que se está a administrar na Galiza. Do 1.030.165 doses recibidas 743.065 son da farmacéutica estadounidense e o seu socio alemán, BioNTech SE. Son, logo, 7 de cada 10 doses.

De Moderna recibíronse 98.800 (1 de cada 10) e de AstraZeneca 188.300, 2 de cada 10.

Ademais, esta semana chegaban a Galiza os primeiros lotes de Janssen. Galiza retomará de forma inmediata a previsión de vacinar a domicilio aos grandes dependentes coas 8.350 desta vacina e que chegan, despois da paralización da subministración da semana do 13 de abril.

A taxa de posividade redúcese na Galiza un 88% nos vacinados con 2 doses e 47% nos que recibiron só unha. Así o sinalaban desde a Consallaría de Sanidade en base a un estudo que se realizou tras o seguimento a 349.848 persoas vacinadas.